Sara Feijóo Moreira, graduada en Enxeñería Química pola USC no curso 2015-16, e Marta Pita Vidal, en Enxeñería Física na Politécnica de Barcelona no curso 2016-17, recibiron recentemente o Premio Nacional Fin de Carreira Universitaria, que non lle entregaran por mor da pandemia. As dúas estudaron no noso instituto.