O noso centro participou no Canguro Matemático, unha actividade que ten como obxectivo aumentar o entusiasmo por aprender matemáticas, coordinada polo profesorado de matemáticas José Antonio Montoto, Marina Pardal e Raquel Bouza. Participaron 41 estudantes da ESO e 7 obtiveron puntuacións altas: en 1º da ESO, Alicia Caamaño, Iago Figueroa, Gabriel Hermo e María Viana; en 2º, Ana Jorquera; en 3º, Roberto Fandiño e en 4º, Antía Blanco.