Na convocatoria de xuño das Probas de Acceso á Universidade, o noso alumnado obtivo bos resultados: a media da cualificación da parte xeral é de 7,22 puntos. Temos 17 alumnos que recibiron o Diploma de Excelencia que outorga a Universidade de Santiago.

Silvia Rodríguez Ardao, con 9,92, Irene Armesto Méndez, con 9,88, e Alicia Parada Pérez, con 9,82, teñen as 3 mellores notas do instituto.