A alumna Irene Armesto Méndez acadou a Medalla de bronce na Olimpíada Internacional de Física celabrada en Tokio entre o 10 e o 17 de xullo. O equipo español acadou 3 Medallas de Bronce.
https://twitter.com/Ant_Guirao/status/1680852573337579522?s=20
Irene é unha das estudantes máis laureadas do instituto. Cursou o Bacharelato ordinario e mais o Bacharelato Internacional. Titulouse con Matrícula de Honra coa cualificación de 10 e no Bacharelato Internacional acadou 44 puntos (sobre 45). Foi Premio Extraordinario da ESO e de Bacharelato.
Cando cursaba segundo de ESO formou parte do equipo gañador do Rally Matemático sen Fronteiras de Galicia que posteriormente gañou a competición en Toulouse (Francia). Na Olimpíada galega de Matemáticas obtivo unha Mención de Honra en 4º da ESO e 1º de Bacharelato e Medalla de Prata en 2º de bacharelato. Neste mesmo curso acadou outra mención honorífica na Olimpíada Matemática Europea Feminina celebrada en Eslovenia no mes de abril. O ex profesor de Matemáticas Rafael Romero López Grado colaborou na súa preparación.
Irene marcou un fito importante na Olimpíada de Física. Foi Medalla de Ouro na fase galega e na fase nacional e Medalla de bronce na fase internacional en Tokio. A profesora de Física e Química Rita Rial colaborou na súa preparación.
Irene recolle o Diploma de Medalla de Ouro da Olimpíada nacional de Física celebrada en Lugo.
Irene é unha excelente científica e o seu traballo de investigación Acelerador magnético, coordinado polo profesor Enrique Cao, foi galardoado co Primerio Premio da V edición do Stephen Hawking. Recibiu o galardón de mans da Presidenta do Xurado e coordinadora do Premio: María Martinón Torres.