Un grupo de 12 estudantes de 2º da ESO, acompañados da profesora Blanca Río e o profesor Alberto Sacido, visitan, do 14 ao 24 de setembro, un centro educativo da cidade de Pärnu en Estonia. Esta visita forma parte do proxecto KA-121-SCH 2023 do programa Erasmus+.

A
Escola Básica da Rúa Kuninga de Pärnu é un centro público de primaria e secundaria básica con arredor de 500 alumnos que está situada no centro histórico da terceira cidade do país (40.000 hab.) e que participa en numerosos programas internacionais. O alumnado do noso centro realiza unha visita centrada na realización dun proxecto de mobilidade escolar Erasmus+ multidisciplinar e cooperativo no que investigarán e farán diversas entrevistas con profesorado, alumnado, familias e autoridades educativas que sintetizarán nunha reportaxe e nunha videorreportaxe que publicarán xornal dixital escolar SCQ+.

Noticia na TVG