O alumnado en Oxford

O alumnado coas dúas profesoras na cidade de Oxford.

Un grupo de 35 estudantes, de 2º da ESO a 1º de bacharelato, participan nun curso de Inmersión Lingüística na cidade inglesa de Bournemouth desde o día 7 ao 20 de setembro. O alumnado alóxase en familias. O curso consta dun programa moi amplo con clases pola mañá nunha academia e actividades pola tarde e os fins de semana. Dúas profesoras do Departamento de Inglés acompañan ao alumnado neste programa de inmersión.