Un grupo de 50 estudantes de bacharelato estivo en Xenebra do 13 ao 17 de setembro acompañados de 2 profesoras e 2 profesores. Durante a súa estancia na cidade suíza visitaron o famoso acelerador de partículas, o CERN, a sede da ONU e o Comité Internacional da Cruz Vermella.