Alumnado de 1º de BI científico-tecnolóxico participou na homenaxe que se lle tributou ao escritor Federico García Lorca o mércores 25 de outubro. Primeiro, seis estudantes recitaron na casa do Cabido -onde estivo a Exposición “Lorca en Compostela”- os seis poemas galegos escritospor Lorca e despois participaron, xunto coa alcaldesa Goretti Sanmartín e membros da corporación, na ofrenda floral xunto á estatua do poeta granadino na Alameda.