O noso centro vai participar no Programa Europeo de Prevención do suicidio na mocidade (Youth Aware of Mental Health). A posta en funcionamento deste programa vaise centrar na creación de grupos de discusión entre alumnado de 3º da ESO. Os grupos estarán monitorizados por orientadores e profesionais da saúde mental do Sergas (psiquiatras, traballadore/as sociais, psicólogos/as) e estarán orientados cara a desenvolver estratexias para a resolución de conflitos que asemade reforzarán estratexias preventivas de comportamentos suicidas. Os grupos desenvolverán a súa actividade en horario lectivo logo de ter informado ás familias en reunións que se convocarán no centro a tal efecto.
Máis información en https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/YAM?idioma=es