Bootcamp Camiñantes da Innovación: Un percorrido polo Camiño de Santiago cheo de aprendizaxe e innovación

Dende a Aula de emprendemento queremos compartir convosco a experiencia que viviron os nosos estudantes dos ciclos superiores no “Bootcamp Camiñantes da Innovación”, organizado e guiado por Sandra Sinde (lasinde.com) os días 13 e 14 de decembro.

O noso alumnado emprendeu unha emocionante etapa do Camiño de Santiago, na que cada camiñante viviu a innovación de maneira directa e práctica. A través do sol, da néboa e da chuvia, que nos acompañou ese día, cada estudante descubriu que innovar non só é xerar ideas, senón tamén camiñar xuntos cara a un obxectivo común, compartindo esforzos e soños.

Ademais, nas instalacións da nosa biblioteca, na Axencia Galega de Innovación e na fermosa Alameda de Santiago, desenvolvéronse actividades que desafiaron a súa creatividade e habilidades emprendedoras. O noso alumnado aprendeu a pensar fóra do común, a enfrontarse a retos inesperados e a colaborar para converter ideas en proxectos viables.

Estamos moi orgullosos do noso alumnado que se atreveu a dar este paso e que fixo posible esta inesquecible experiencia!!