Un grupo de 4 estudantes de 2º de bacharelato, acompañados das profesoras Sandra Vázquez e Milvia Varela, participou na fase galega da Olimpíada de Bioloxía celebrada o venres 23 de febreiro en Vigo: Nicolás Duro, Guillermo Castelló, Claudia Fandiño e Maite Ares, que acadou o 4º posto. Estes foron os 4 estudantes que pasaron a fase previa realizada a distancia no instituto, na que participaron máis alumnos e alumnas de Bioloxía que prepararon as ex profesoras Milvia Varela e María Ascariz.