Este 29 de febreiro, o corredor dos laboratorios encheuse de actividade científica para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2024, que non se puido celebrar no seu día propio, 11 de febreiro, por ser Domingo de Entroido. Un grupo de 15 alumnas de 2º de bacharelato  serviron de referentes femininos en diferentes campos da ciencia (matemáticas, física, química e bioloxía) para os alumnos e as alumnas de 1° ESO. Durante a actividade, as nosas científicas explicáronlles os traballos de investigación que realizaron nestes dous anos, tanto no contexto do BI coma do STEMBach.