Durante a semana do 4 ao 8 de marzo tivo lugar no Rosalía a segunda das mobilidades do Proxecto KA 220 escolar Being human in the EU no que estamos a participar xunto a centros educativos de cinco países da UE. Ao longo da semana, 15 estudantes e 10 profesores e profesoras de Polonia, Dinamarca, Lituana, Portugal e Hungría desenvolveron as actividades programadas e compartiron unha chea de experiencias xunto aos 15 estudantes de 1º do Bacharelato Internacional do noso instituto.

Unha das actividades realizámola nos confíns da UE, en Fisterra. Os nosos convidados, ademais de coñecer a extraordinaria beleza da paisaxe desta bisbarra, participaron nunha actividade medioambiental de recollida de lixo na praia de Langosteira e visitaron a praia de Mar de Fóra cun membro de Adega que lles explicou o sistema dunar e faloulles da flora e da fauna.

Como centro organizador e de acollida desta mobilidade estamos moi satisfeitos dos resultados e moi agradecidos da implicación da comunidade educativa: profesorado, persoal de servizos e, en especial, aos estudantes e as súas familias.


Próxima mobilidade… Lituania.