Un éxito na Olimpíada de Filosofía. Na modalidade de Disertación, a alumna Iria Docampo Zotes, de 2º de Bacharelato Internacional, acadou o primeiro Premio e María Rodríguez Romero, tamén do BI, o 3º; a alumna Xaínza Barreiro Pisco, de 3ºD da ESO, gañou o 1º premio en Dilema Moral. Na súa preparación colaborarou profesorado do Departamento de Filosofía: Enrique, Domingo, Javier e Alberto.

Iria Docampo e Xaínza Barreiro participarán na fase nacional como representantes de Galicia na modalidade de disertación e dilema moral, que se celebrará os día 19 e 20 de abril en Bilbao.