AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2º DA ESO

A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro (LOMLOE), prevé nos seus artigos 21 e 29 a realización dunha avaliación de diagnóstico de carácter censual que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos.

COMPETENCIAS QUE SE AVALÍAN
Na avaliación de diagnóstico de segundo curso de educación secundaria obrigatoria avaliaranse a competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira.

DATA DAS PROBAS
As probas realizaranse os días 10 e 11 de abril de 2024. Cada día haberá 2 probas de 90 minutos cun descanso de 30 minutos no medio. As probas comezarán ás 9.00h da mañá.
O alumnado recibirá un caderno en formato papel para responder a cada unha das probas de cada competencia e tamén deberá cubrir ao remate, o día 11, un cuestionario contexto, que tamén recibirán as familias a través do alumnado.

FINALIDADE
As probas terán carácter informativo, formativo e orientador para o centro, que recibirá información sobre os resultados acadados polo conxunto do seu alumnado por etapa e competencia avaliada. Polo tanto, estas probas carecerán de efectos académicos para o alumnado.

DIFUSIÓN
O instituto, a través do profesorado titor, informará as familias do alumnado avaliado dos resultados globais acadados polo centro. En ningún caso existirá información desagregada por alumnado individualmente.

ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24