Un grupo de 20 estudantes de francés de 4º e 1º de bacharelato, xunto con dúas profesoras, participaron nun intercambio co centro Collège-Lycée Saint François-Xavier de Vannes (Francia). Marcharon o 15 de marzo e volveron o 25. Durante a súa estancia, o noso alumnado asistiu a clases, conviviu nas familias francesas, realizou unha excursión ao Mont Saint Michel e visitou lugares emblemáticos da cidade bretona de Vannes.