Un grupo de 10 estudantes de Oratoria (3º ESO) e dúas profesoras, Begoña Feijóo e Blanca Río, participaron do 14 ao 20 de abril nunha mobilidade Erasmus + en Bosa, un bonito pobo de Cerdeña (Italia). Durante a súa estancia, coñeceron os seus costumes, visitaron os lugares máis emblemáticos da contorna e investigaron o sistema educativo italiano para elaborar un proxecto con propostas de mellora na procura dun ensino público de máxima calidade. Deste xeito, desenvolveron o seu pensamento crítico, as habilidades comunicativas e a capacidade para traballar en equipo.