O instituto celebra as Letras Galegas do 2024 coa exposición Un canto na procura da luz, organizada e deseñada por Sole Pite e Pedro Ávila, que contén 26 paneis informativos sobre a traxectoria vital e profesional de Luísa Villalta , así como traballos do alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO de Educación Plástica e Visual e de Lingua de 1º de bacharelato baseados na figura da homenaxeada :Videopoemas, ilustracións, caligramas…

Na presentación da Exposición, que se realizou o 15 de maio, interviron o director do centro, Xavier Mouriño, as profesoras de Educación Plástica e Visual, Ana García e Juan José Raíces, a profesora responsable de Dinamización Lingüística, Marga Romero, e o Secretario Xeral da Lingua, Valentín García, que destacou que é “unha exposición ampla, ben grande e moi completa sobre a figura de Luísa Villalta”.

O 20 de maio viñeron ver a exposición sobre as Letras Galegas ,que está situada na planta alta, a nai, a irmá e un sobriño de Luísa Villalta. Agradeceron o traballo tan amplo da mostra e quedaron admirados das dúas pinturas que Pedro Ávila realizou a propósito de Luísa Villalta para a exposición.

A Exposición nos medios