As alumnas Ana Rosende Piñeiro e Sara Caamaño Corral, de 2º de bacharelato, coordinadas pola súa profesora de matemáticas Natalia Hermida, son as autoras do traballo ¿Cómo son las colas de los supermercados?, que resultou gañador do XIV Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos convocado pola Sociedade Galega para a Promoción de Estatística e Investigación de Operacións.

Sara e Ana participarán na fase nacional que terá lugar en Bilbao entre o 26 e o 28 de xuño.

Páxina SGAPEIO