O 19 de xuño, a dous días de rematar o curso, os corredores da planta baixa enchéronse de proxectos inventados polo alumnado, o que nos demostra a súa enorme capacidade de curiosidade e o grande interese que teñen pola ciencia, sempre baixo o prisma da sustentabilidade, pois na construción dos traballos aproveitaron, sempre que foi posible, materiais reciclados.
O Club de Ciencia e o profesorado do Departamento de Tecnoloxía (Jorge Gómez, Pilar Pérez, Cristina e Tino Álvarez) foron os encargados de organizar a ExpotecnoRosalía.
Nesta II edición de Expotecnorosalía presentáronse 57 Proxectos de Tecnoloxía de 1º, 2º e 4º de ESO e de 1º de Bach, por parte de 230 alumnos. Os estudantes acompañaron cada maqueta do proxecto cunha memoria na que se describían tódalas fases dos métodos de proxectos ou tecnolóxico.
Proxectos presentados: 1º ESO, 20; 2º ESO, 27; 4º ESO, 3; 1º BACH, 7.