De conformidade coa Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG do 18 de setembro), realizarase proximamente neste centro a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

O venres, 18 de outubro de 2024 ás 11:15h, levarase a cabo o sorteo dos membros que conformarán a Xunta Electoral destas eleccións.

 

Resolución e Constitución xunta electoral

A Xunta Electoral, unha vez constituída o día 22 de outubro e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar o calendario de actuacións, a publicación no taboleiro de anuncios das convocatorias dos distintos sectores educativos, así como dos seus correspondentes censos electorais que teñen á súa disposición na conserxería do centro.

Prazo de presentación de candidaturas: do 1 ao 8 de novembro

As candidaturas para os distintos sectores presentaranse na Secretaría do centro, segundo o modelo dispoñible na mesma.

De conformidade coa Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG do 18 de setembro), publícanse as datas das votacións e as candidaturas admitidas e proclamadas na reunión da xunta electoral, celebrada o 11 de novembro.

DATAS DAS VOTACIÓNS:

Alumnado:    19 de novembro (9:00h – 14:00h e 16:00h – 18:00h)

PAS:                19 de novembro (14:00h – 16:00h)

Profesorado: 20 de novembro (14:10h – 15:00h)

Nais/pais:      20 de novembro (18:30h – 21:00h)

 

Listaxe candidaturas presentadas

Mesas electorais

Candidatos/as electos/as