O 25N-Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero celebrouse no centro cunha exposición na planta alta co título Eliminación da violencia, do alumnado de Educación Plástica e Visual de 1º, 3º e 4º da ESO coordinado polo seu profesorado, e un acto nos recreos, o luns 25, no que se deu lectura ao Manifesto do instituto: O respecto comeza moito antes. A cadea Cope de Santiago realizou unha reportaxe sobre o acto.