Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO do noso centro, coordinado polas profesoras Ana Quintana e Tania Sánchez, participou con moito éxito na fase comarcal do Campionato de Cros Xogade, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo en colaboración co Concello de Ames. Esta actividade celebrouse o martes 3 e mércores 4 de decembro no circuíto de campo a través de Aldea Nova e o noso instituto resultou gañador, individual e por equipos, nas categorías infantil e cadete.