O 18 de decembro celebrouse a III edición do Mercado Solidario de Nadal. Unha actividade organizada polo alumnado do Bacharelato Internacional dentro do seu programa de Creatividade, Actividade e Servizo (CAS), baixo a coordinación do vicedirector do instituto, Javier Turnes, e a responsable do BI Arantxa Fuentes. O Mercado encheu de postos os corredores da planta baixa e contou cunha grande afluencia de público, e tamén coa presenza do Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Román Rodríguez. Ademais dos postos de roupa, libros e comida, houbo actuacións musicais, coa participación do noso coro e orquestra, así como músicos e alumnado que nos quixo deleitar co seu talento musical. O alumnado do BI levaba máis dun mes recollendo libros, xoguetes e roupa para poñer á venda ese día e destinar o diñeiro recadado á Cruz Vermella.
O Mercado de Nadal nos medios
O MERCADO DE NADAL EN IMAXES