O primeiro trimestre do curso rematou cun exitoso concurso de Coreografías celebrado o último día de clase, o 20 de decembro, organizado e presentado polo alumnado do ciclo de Animación Sociocultural. O auditorio encheuse de estudantes para disfrutar das coreografías dos seus compañeiros e compañeiras: houbo 10 coreografías que participaron no concurso de alumnado da ESO e Bacharelato e 4 que realizou o alumnado do ciclo de Animación Sociocultural. Na categoría do 1º ciclo da ESO, a coreografía gañadora foi Silver Girls (de Noa Bouzas e Alicia Cajaravill)), e na categoría de 3º e 4º da ESO e Bacharelato, o primeiro premio recaeu na coreografía Anne (de Nuria Blanco, Eva Jahnen e Adriana Vila.)

VÍDEO RESUMO DAS COREOGRAFÍAS