
O noso alumnado participou con éxito nas Olimpíadas Galegas de Xeoloxía e Matemáticas.
Na XVI Olimpíada de Xeoloxía da sede de Santiago, o alumno Santiago Otero Lago foi medalla de ouro e a alumna Mónica Liñares González, medalla de prata. Santiago Otero participará no mes de abril na fase Nacional en Lleida.
Os dous estudantes do Rosalía, xunto con dúas alumnas do IES nº1 de Ribeira, acadaron o diploma ao mellor equipo na Fase Autonómica da XVI Olimpíada de Xeoloxía da sede de Santiago.
O pasado mes de xaneiro, un grupo de alumnos e alumnas do Rosalía participou na Olimpíada de Matemáticas cuns moi bos resultados: María Viana, de 3º de ESO, e María Blanco e Mateo Rodríguez, de 1º de Bacharelato, acadaron cadansúa mención de honra.