
O venres 14 de marzo, o instituto conmemorou o Día Internacional da Muller coa actividade “Marchemos pola igualdade”. organizada polos departamentos de Educación Física, Lingua Galega e Igualdade. A actividade consistíu nunha marcha pola Alameda na que todas e todos levamos o dorsal 261, o que Kathrine Switzer tamén portou en 1967 e que pasou a ser un símbolo na procura da igualdade.