O alumno Santiago Otero Lago acadou o segundo posto na fase nacional da XVI Olimpíada de Xeoloxía, que se desenvolveu a pasada fin de semana en Tremp (Lleida). Santiago particpará na fase internacional que se vai celebrar do 7 ao 17 de agosto de 2025 en Ji’ning (China). Outro alumno galego do IES Pedrouro de Burela, Hugo Gorgojo Basanta, acadou o cuarto posto e tamén acompañará ao noso alumno na fase internacional, onde estarán competindo coas delegacións doutros 30 países. Previamente terán un tempo de preparación específica con profesorado preparador da AEPECT (Asociación española para a ensinanza das Ciencias da Terra).