O alumno do bacharelato internacional Alejandro Campo Herbés gañou a  VII edición do Premio Stephen Hawking de investigación. Este alumno xa acadara o primeiro premio hai tres anos, en 2022, cando cursaba 3º de ESO no CPR Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis. Esta VII edición do Premio, co lema Iniciativa e Superación, celebrouse o 8 de abril. Estivo coordinada pola doutora Marisol Soengas, directora do Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e presidenta da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro, e contou coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da Universidade de Santiago e o apoio de empresas e entidades como Finsa, Ternera Gallega e Feiraco.

Nesta VII edición presentáronse 54 proxectos distribuídos en 4 ámbitos científicos: 15 da área de Ciencias Experimentais, 14 de Ciencias da Saúde, 14 do campo das Matemáticas e Ciencias da Computación e 11 de Humanidades, Ciencias Sociais e Artes. Dos 100 estudantes que participaron, 55 eran rapazas e 45 rapaces, procedentes de 13 centros, incluído o noso: IES Xelmírez II (Santiago), IES Brión (Brión, A Coruña), IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES As Mariñas (Betanzos, A Coruña), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), CPR Liceo La Paz (A Coruña), IES Eusebio da Guarda (A Coruña) IES Ramón María Aller (Lalín, Pontevedra), IES Pintor Colmeiro (Silleda, Pontevedra) e IES As Barxas (Moaña, Pontevedra). Dende Madrid participou o IES Ramiro de Maetzu e de Soria, o IES Castilla.

Pola mañá, despois da benvida da directora, os estudantes presentaron e defenderon os seus traballos de investigación diante dun xurado que estivo presidido pola Dra. Marisol Soengas; pola tarde, antes do acto de entrega de premios, o alumnado, en grupos de diferentes centros, participou nun xogo colaborativo, que consistiu en dar unha resposta orixinal ao reto Visión 2100: Iniciativa e superación.

Ao acto aisitiu profesorado e investigadores da Universidade de Santiago e tamén o Reitor Antonio López, ademais de representantes de Feiraco e Finsa. A orquestra e o coro do instituto actuaron nesta VII edición dos premios.

PRIMEIRO PREMIO. A Dra. Marisol Soengas, coordinadora desta VII edición do Premio Stephen Hawking, entrega o 1º Premio ao alumno Alejandro Campo Herbés, do IES Rosalía de Castro.

MELLOR TRABALLO EN CADA ÁMBITO. 1. Ciencias Experimentais: Alejandro Campo Herbés (IES Rosalía de Castro) / 2. Ciencias da Saúde: Mario Rodríguez e Sara Ruiz e Manuel Torrado (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda) / 3. Matemáticas e Ciencias da Computación: Area López Mera, Tiago Barbosa Pereira e Aldo Iglesias Rodríguez (IES Eduardo Blanco Amor) / 4. Humanidades, Ciencias Sociais e Artes: Irene Iglesias Valuja (IES Rosalía de Castro).

MENCIÓNS DE HONRA: 1. Ruth González Costa (IES Plurilingüe Rosalía de Castro) / 2. Iria Lu Meitín e Francisco Jesús Zamorano Elena (IES Plurilingüe Rosalía de Castro) / 3. Alberto Domínguez-Palacios Ray (IES Ramiro de Maeztu) / 4. Jacobo Vaamonde Rodríguez (IES Rosalía de Castro) / 5. Crme Pedrouzo Martos (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes) / 6. Iago López Núñez (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes) / 7. Rubén Fernández López, Lois González Siota e Iván García Pérez  (IES Eduardo Blanco Amor) / 8. Aínvar Curra Carballo e David Pastoriza Paredes (IES As Barxas) / 9. Fabrizio Scontrini  (IES Castilla) / 10. Óscar Hermida Rodríguez, Noelia Rey García e Javier Serantes Álvarez (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda) / 11. Silvia Rabuñal Reyes (IES Plurilingüe Rosalía de Castro) / 12. Sheila Pumeda Iglesias (IES Plurilingüe Pintor Colmeiro).

EQUIPO GAÑADOR DO RETO. Visión 2100: Iniciativa o Superación
Pedro Peteira Vázquez (CPR Liceo la Paz), Icía Carreiras Valcárcel (IES Arcebispo Xelmírez II), Hugo Dacunha González (IES As Barxas), Andrés Muñoz Anar (IES Castilla), Sokhena Khoule Márquez (IES Eduardo Blanco Amor), Isabel Miragaya Dorado (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes), María Matos Fernández e Ignacio Vázquez Corredoira (ES Plurilingüe Eusebio da Guarda), Lois Docampo Rodríguez e Ruth González Costa (IES Plurilingüe Rosalía de Castro) e Jimena Álvarez-Ude Guardo ((ES Ramiro de Maeztu).

O Premio Stephen Hawking nos medios

SELECCIÓN DE IMAXES DO ACTO