
A alumna de 1º de Bacharelato Internacinal, Rosalía Moraig Rodríguez Craven, gañou a VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS SOBRE COMPOSICIÓNS POÉTICAS DE ROSALÍA E MANUEL MARÍA, organizado pola Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo).
O videopoema, baseado no poema de Rosalía de Castro “Estranxeira na súa patria”, Follas Novas, realizouse nas rúas de Compostela e nas Torres de Altamira, Brión. O xurado destacou o videopoema “polo seu moi bo nivel na produción: vestiario, interpretación, ambientación, destacada fotografía… e que con dominio da técnica narrativa consegue ritmo poético e un eficaz contido creativo”.