O IES Plurilingüe Rosalía de Castro convídavos a participar na xornada de sensibilización “REALIDADES INVISIBLES” enfocada na visibilización, na busca da igualdade e na procura da conciencia colectiva coa intención de facer reflexionar os participantes. Podedes inscribirvos no acto, que comezará ás 16:00 horas, e nas dúas visitas guiadas ás que tedes opción de asistir ao remate deste no seguinte enlace: https://goo.su/uWiZF.