As alumnas Marta López Castro e Estela Lucas Cabral do IES Primeiro de Marzo de Baiona gañaron a VIII edición do Premio Stephen Hawking de investigación co seu traballo de investigación: Evolución do espazo natural da Foz (Baiona – Gondomar – Nigrán) 1946-2025.  Esta edición estivo coordinada pola doutora Mar Capeáns, directora de operacións do CERN, e contou coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da Universidade de Santiago e o apoio de empresas e entidades como Finsa, Ternera Gallega e Feiraco.

Nesta VIII edición presentáronse 58 proxectos distribuídos en 4 ámbitos científicos: Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, Física e Química, Matemáticas e Ciencias da Computación e Ciencias Sociais, Humanidades e Artes. Participaron un total de 17 centros, incluído o noso: IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago), IES de Brión (Brión), IES Punta Candieira (Cedeira), IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES Lucus Augusti (Lugo), IES A Pinguela (Monforte de Lemos), IES María Casares (Oleiros), IES Val Miñor (Nigrán), IES As Barxas (Moaña), IES Primeiro de Marzo (Baiona), IES Blanco Amor (Ourense), IES Ramiro de Maeztu (Madrid), IES Castilla (Soria), IES Valle del Ebro (Tudela), St Peter’s School (Barcelona).

Pola mañá, despois da benvida da directora, os estudantes presentaron e defenderon os seus traballos de investigación diante dun xurado que estivo presidido pola Dra. Mar Capeáns; pola tarde, antes do acto de entrega de premios, o alumnado, en grupos de diferentes centros, participou nun xogo colaborativo, que consistiu en dar unha resposta orixinal ao reto Visión 2100: Construíndo futuro.

Ao acto asistiron, ademais de profesorado e investigadores da Universidade de Santiago, a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e a Reitora da USC, Rosa Crujeiras, ademais de representantes de Feiraco, Finsa e Ternera Gallega. A orquestra e o coro do instituto actuaron nesta VIII edición dos premios.

PRIMEIRO PREMIO

MELLOR TRABALLO EN CADA ÁMBITO

MENCIÓNS DE HONRA

EQUIPO GAÑADOR DO RETO