De conformidade coa Resolución do 27 de agosto de 2026 (DOG do 4 de setembro), realizarase proximamente neste centro a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
O venres, 16 de outubro de 2026 ás 11:15h, levarase a cabo o sorteo dos membros que conformarán a Xunta Electoral destas eleccións.
A Xunta Electoral, unha vez constituída o día 21 de outubro e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar o calendario de actuacións, a publicación no taboleiro de anuncios das convocatorias dos distintos sectores educativos, así como dos seus correspondentes censos electorais que teñen á súa disposición na conserxería do centro.
Prazo de presentación de candidaturas: do 1 ao 8 de novembro
As candidaturas para os distintos sectores presentaranse na Secretaría do centro, segundo o modelo dispoñible na mesma.
De conformidade coa Resolución do 27 de agosto de 2026 (DOG do 4 de setembro), publícanse as datas das votacións, as candidaturas admitidas e proclamadas na reunión da xunta electoral, celebrada o 9 de novembro, e as mesas electorais.
Este ano, como novidade, poderase emitir o voto do sector nais/pais en liña, a través do espazo ABALAR. A aplicación estará aberta dende as 00:00 do día 11 de novembro ás 23:59 do día 17 de novembro. Quen emita o voto en liña xa non poderá votar presencialmente o día das votacións en persoa.