Tendo en conta a importancia que ten na sociedade actual a innovación, a investigación e a inventiva, o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, decidíu crear uns premios para fomentar a creatividade entre o seu alumnado da ESO deste centro educativo.
Este ano participarán 7 grupos de alumnado de 2º e 3º de ESO.O acto pecharase cunha conferencia sobre Patentes a cargo do Xefe de Servizo do SEGAPI (Servizo Galego da Propiedade Industrial), Abelardo Nimo.