Bolsas do MEFP para o curso 2024/2025
O prazo de solicitude irá do 19 de marzo ao 10 de maio.
Aínda que o período de matrícula para os estudos do teu interese aínda non estea aberto, ou mesmo se non estás seguro de que vas estudar ou se vas estudar, é importante que solicites a bolsa dentro deste prazo. Indica os estudos que máis probablemente realizarás, e lembra que terás a oportunidade de actualizar esta información máis adiante.
Toda información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP e para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, aquí.
Poden solicitar esta bolsa os estudantes que estean matriculados no curso 2024-2025 nalgún dos seguintes niveis:
Ensinos postobrigatorios non universitarios:
● Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
● Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
● Ensinos artísticos profesionais.
● Ensinos deportivos.
● Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia.
● Ensinos artísticos superiores.
● Estudos relixiosos superiores.
● Cursos de acceso e cursos de preparación para probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e privados concertados.
● Ciclos formativos de grao básico.
Ensinos Universitarios
– Ver pasos para solicitar a beca
– Vídeos explicativos sobre cómo rexistrarse na sede electrónica e servizo online
REQUISITOS:
1. Non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa.
2. Estar matriculado nalgunha dos ensinos do sistema educativo español comprendidas na convocatoria.
3. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea.
4. Reunir o resto de requisitos académicos e económicos que especifica a convocatoria.