Se non tes claro o tipo de ciclo formativo de FP que desexas estudar…

Se dúbidas entre varios ciclos que poden interesarche…


Se che gustaría coñecer as materias e saídas dos ciclos formativos que máis che
atraen…

Se desexas coñecer as opinións de persoas que cursaron eses ciclos que máis che
interesan…

Fpbide pode axudarche!

É unha web gratuíta e de acceso libre elaborada por orientadores e orientadoras de centros de FP de Euskadi que ten dúas partes fundamentais: Na primeira, poderás completar un test moi visual que che axudará a elixir os 5 ciclos formativos que máis che interesen e, na segunda, terás un apartado de información sobre eses ciclos (saídas, materias (módulos), vídeos informativos, testemuños de antigos alumnos e alumnas, de profesorado…). Como ves é unha ferramenta “súper completa”.