A Olimpíada de Economía é unha actividade que forma parte da programación do Departamento de Economía.
As Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais das Universidades públicas do Estado son as organizadoras da Olimpíada. A fase galega está organizada pola Universidade da Coruña e o Colexio de Economistas da Coruña, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, e coa participación da Asociación Galega de Ensinantes de Economía en Secundaria (AGAEDES).