1. Obradoiro práctico: Aplicación da Intelixencia atificial ao emprendemento. Este obradoiro permitirá ao alumnado coñecer, explorar e experimentar as posibilidades que ofrece a Intelixencia artificial. O obxectivo é que aprendan a sacarlles o maior partido a estas ferramentas, tanto no ámbito persoal coma no profesional, e como as utilizan as empresas máis innovadoras.

2. Mesa redonda: Conversando con… Nesta actividade convidaremos para que veñan ao centro a empresas das familiasprofesionais das ensinanzas que impartimos, para que os seus representantes sexan entrevistadospolo alumnado. Os convidados serán agasallados cunha visita guiada polo centro e cunha cata, sendo ambas actividades ofrecidas polo alumnado do centro. Ademais, obsequiaráselles cun dos libros do premio San Clemente.

3. Bootcamp Camina con la Sinde. Actividade de innovación na que o alumnado camiñará un mínimo de 2 horas por algunha das etapas do Camiño de Santiago con finalización na cidade. Posteriormente realizaranse 2 talleres con actividades para aprender a innovar a partir do observado no camiño, tendo lugar un deles na Axencia galega de innovación.

4. Reto: Proposta innovadora para o Instituto. O alumnado deberá elaborar unha iniciativa emprendedora e innovadora que mellore algún aspecto do centro. Posteriormente o alumnado terá que expoñer a súa proposta diante dun tribunal formado por profesorado e algún membro do equipo directivo. Este reto terá premio para as mellores propostas.

5. Encontros virtuais con empresas innovadoras. Nestes encontros o alumnado entrevistará empresas que, pola distancia á que se atopan, non poden acudir ao instituto. Esta actividade pode ser cambiada por repetir a actividade Conversando con…

CALENDARIO

ACTIVIDADE DATA DE REALIZACIÓN
OBRADOIRO
Aplicación práctica da IA
7 novembro
martes
MESA REDONADA
Conversando con
24 novembro
venres
BOOTCAMP
Caminando con la Sinde
13 e 14 decembro
mércores e xoves
RETO
Propostas innoivadoras para o Rosalía
9 xaneiro: inicio
2 febreiro: fin prazo
ENCONTRO VIRTUAL
Empresas innovadoras sociocultural
24 xaneiro
mércores
ENCONTRO VIRTUAL
Empresas innovadoras turismo
30 xaneiro
martes
RETO
Exposicións das propostas
22 febreiro
xoves