PROXECTO KA 122 SCH

O noso centro solicitou na última convocatoria Erasmus+ un proxecto KA 122 SCH de corta duración para a mobilidade de alumnado e persoal de Educación escolar.

O proxecto estrutúrase de acordo aos principios básicos do Programa Erasmus+: transformación dixital, sustentabilidade e inclusión a través de diferentes actividades. Deste xeito, tanto o alumnado como o profesorado do noso centro educativo terán a oportunidade de compartir e observar durante o curso 2022-2023 diferentes dinámicas de traballo relacionados con estes principios a través do traballo cooperativo e das boas prácticas.
Este proxecto pretendemos darlle continuidade coa solicitude da acreditación o próximo mes de outubro.

PROXECTO KA103

Temos concedido un proxecto KA103 para mobilidade de estudantes dos Ciclos Formativos, que van facer as prácticas á cidade portuguesa de Braga: Erika Bravo, Érica Tesouro, Uxía Gude, Leonor Pose e Rubén Viqueira

PROXECTO ASOCIADO

Tamén somos socios dun proxecto que non coordinamos, no que participan 3 estudantes: Noemí Lema e Cristina Campos están realizando as prácticas en Bruxelas e Jose Lago en Porto.