Educación Secundaria para persoas Adultas
A ESA está pensada para todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.
Excepcionalmente poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.
A ESA estrutúrase en dous niveis: Módulo III e Módulo IV, que se cursan en 2 cuadrimestres nun curso escolar. En cada nivel intégranse tres ámbitos de coñecemento:
ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO
Neste ámbito intégranse elementos do currículo de educación secundaria obrigatoria relacionados coas materias de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas, Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Tecnoloxía, Tecnoloxías da Información e da Comunicación e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de Educación Física.
ÁMBITO SOCIAL
Neste ámbito intégranse elementos do currículo de educación secundaria obrigatoria relacionados coas materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e os aspectos preceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e Música.
ÁMBITO DE COMUNICACIÓN
Neste ámbito intégranse elementos do currículo de educación secundaria obrigatoria relacionados coas materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira.
Matrícula
1 –8 de setembro de 2023 para o primeiro cuadrimestre: Módulo III.
9 –19 de xaneiro de 2024 para o segundo cuadrimestre: Módulo IV.
Horario
As clases son presenciais en horario de tarde:
luns. martes e mércores de 17:30 a 20:55, xoves de 17.30 a 21.40, venres de 17.30 a 20.10.
Acceso
- Por superación do nivel II das ensinanzas iniciais.
- Mediante proba de avaliación inicial.
- Por validación de estudos.
Certificación
Ao remate do módulo IV, expedirase o título de graduado en educación secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos.
Cando non se rematen os estudos correspondentes á educación secundaria obrigatoria, os directores dos centros emitirán unha acreditación onde consten os niveis e módulos cursados así como a cualificación obtida.
O título de graduado en educación secundaria dá acceso a:
- Ciclos formativos de grao medio.
- Bacharelato.
- Mundo laboral.