Oferta de FP. Curso 2024-2025

Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo na oferta ordinaria, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos na oferta modular, nas modalidades tanto presencial como a distancia.

A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.

Na páxina web de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional tes toda a información sobre os ciclos formativos e tamén a oferta ordinaria de ciclos formativos —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, e a oferta modular nas modalidades presencial e a distancia, en ensinanzas sostidas con fondos públicos para o curso 2024/2025.