A Olimpíada de Filosofía é unha actividade organizada polo Departamento de Filosofía. O profesor D. Ángel Carro é o encargado de preparar o alumnado que decide presentarse a esta actividade.
A Olimpíada de Filosofía está impulsada por varias asociacións e olimpíadas de ámbito autonómico, todas elas integradas na Red española de Filosofía.
2025-26. Na modalidade de Disertación Filosófica, a alumna Alba García Carneiro de 2º BI acadou o 1º premio e formará parte do equipo que representará a GAlicia na fase nacional, que se celebrará en Ciudad Real no mes de Abril.
2024-25. Na sección de Monólogo Filosófico, a alumna Julia Cambeiro Fernández de 2º BI acadou o 1º premio e o alumno Diego Delgado Morales de 1º BI acadou o 3º posto.
2023-24. Na modalidade de Disertación, a alumna Iria Docampo Zotes acadou o 1º premio e a alumna María Rodríguez Romero, o 3º premio. Na modalidade de Dilema Moral, o 1º premio foi para Xaínza Barreiro Pisco.