A Olimpíada de Matemáticas é unha actividade que forma parte da programación do Departamento de Matemáticas.
Para a Olimpíada de Bacharelato (aberta a 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bach.), o docente emérito D. Rafael Romero López-Grado é o encargado de preparar o alumnado que decide presentarse á Proba. A docente responsable para este curso 25-26 será Dna. Margarita Botana, acompañada nas sesións de preparación da docente Dna. Mª Carmen González.
Para a Olimpíada de 2º ESO (aberta a 2º da ESO) os responsables serán os docentes de 2º da ESO: Dna. María García, Dna. Isabel Irazu e Dna. Yolanda Arroyo, xunto con Dna. Mª Carmen González.
A Real Sociedad Matemática Española é quen organiza a Olimpíada: https://www.rsme.es/
http://www.olimpiadamatematica.es/platea.pntic.mec.es/_csanchez/olimmain.html
Alumnado do noso centro obtivo excelentes resultados:
2024/25 – OLIMPÍADA 2º ESO. XOEL ANEIROS RODRÍGUEZ. Clasificouse para participar na fase rexional, onde posteriormente resultou vencedor. Foi convocado para a fase nacional que se celebrou en Albacete entre o 25 e o 28 de xuño, onde participaban os mellores concursantes de cada unha das sete zonas; 40 finalistas en total.
2024/25 – OLIMPÍADA BACHARELATO. O noso alumnado obtivo 3 Mencións de Honra: MARÍA BLANCO IGLESIAS, MATEO RODRÍGUEZ ARDAO e MARÍA VIANA VÁZQUEZ. María Viana foi posteriormente convocada á Olimpíada Feminina Española de Matemáticas o obtivo unha das 12 medallas outorgadas no certame.
2022/23, IRENE ARMESTO MÉNDEZ, Mención de Honra na Olimpíada Matemática Europea Feminina celebrada en Esolovenia.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2023/03/01/irene-armesto-alumna-ies-rosalia-santiago-formara-parte-equipo-espanol-olimpiada-matematica-europea-feminina/00031677679349075502976.htm
https://twitter.com/OMErsme/status/1648639413616779267
2003/04, LUCAS REY RAMOS, Medalla de Prata na final celebrada en Ciudad Real.
http://www.olimpiadamatematica.es/platea.pntic.mec.es/_csanchez/olimp2004.html
ANUARIO BACHARELATO
2020-2021 2021-2022 2022-2023
ANUARIO OLIMPÍADA 2º ESO
CANGURO MATEMÁTICO
El Canguro Matemático es la mayor competencia internacional de matemáticas del mundo, que busca hacerlas atractivas y accesibles para estudiantes de todas las edades, fomentando la imaginación, el pensamiento crítico y la creatividad a través de pruebas divertidas y de lógica matemática. Se celebra anualmente el tercer jueves de marzo, participando millones de estudiantes en diversos países.
2024/25 Celebrouse o 20 de marzo de 2025. Tivemos a 6 estudantes dentro dos 100 primeiros da súa categoría a nivel español: tres en posición 4ª, 25ª e 98ª en 2º ESO, unha posición 66ª en 3º ESO e unha posición 15ª en 4º ESO. En total 11 estudantes obtiveron máis de 100 puntos. XOEL ANEIROS RODRÍGUEZ que acadou o posto 4º mellor de España polo que foi convidado xunto cos cinco mellores clasificados de cada nivel ao Campamento no Centro de Ocio Luis Miguel Fresno de la Fuente (Segovia) os días 18 a 21 de xuño.
2023/24 Tivemos a 6 estudantes dentro dos 100 primeiros da súa categoría a nivel español: unha en posición 43ª en 1º ESO, tres en posición 7ª, 57ª e 60ª en 2º ESO, unha posición 11ª en 3º ESO e unha posición 79ª en 4º ESO. En total 11 estudantes obtiveron máis de 100 puntos.