A Consellería de Educación publica todos os cursos a convocatoria de 3 Premios ao alumnado.
A.1 PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO
QUEN SE PODE PRESENTAR
Alumnado que estea cursando ou teña cursado durante o ano académico 2024-2025 cuarto curso de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia,O requisito relacionado neste artigo deberá posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Unha nota media igual ou superior a 9,00.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación das solicitudes será de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG: do 12 ao 18 de xuño.
O procedemento de solicitude terá dúas fases diferenciadas, con solicitudes diferentes para cada unha delas:
1. Na primeira fase, todo o alumnado que cumpra os requisitos e que desexe optar aos premios deberá solicitar primeiramente a matrícula na proba PEE, presentando o modelo de solicitude ANEXO I no seu centro educativo.
2. Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas na proba PEE, o alumnado que cumpra os requisitos establecidos no artigo 13 da convocatoria deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato no prazo de un mes a partir do día seguinte da publicación das listaxes das cualificacións definitivas da proba PEB. Dita solicitude presentarase preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>>.
Os exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal.
A cualificación de cada parte da proba PEE obterase mediante a suma das cualificacións das materias que a compoñen.
A cualificación final será a suma das cualificacións obtidas en cada parte da proba PEE.
COMO É A PROBA
A proba está estruturada en dúas partes.
a) A primeira parte (2 horas) constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, e Lingua Estranxeira cursada como primeira lingua, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
b) Na segunda parte (90 minutos) o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de dúas materias do currículo de cuarto curso:
– Matemáticas A ou Matemáticas B, segundo o cursado polo alumno/a.
– Xeografía e Historia.
DATA DA PROBA
26 DE XUÑO DE 2025
CAL É O PREMIO
Concédese un máximo de 20 premios de 1.000 euros ao alumnado con maior puntuación na Proba. Ademais, o alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.
As persoas que obteñan premio extraordinario poderán concorrer, logo de solicitude, ao correspondente Premio Nacional de Educación Secundaria Obrigatoria.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben en PremiosEdu.
RESUMEN de Información
A.2 PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL
QUEN SE PODE PRESENTAR
Alumnado que cursou durante o ano académico 2024/25 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e mereza un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (23/09/2025).
TRÁMITES
1. O Servizo de Avaliación do Sistema Educativo, rematado o prazo de presentación de solicitudes e tras examinar estas e a documentación presentada polas persoas solicitantes, exporá a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas e os motivos de exclusión, nos lugares establecidos no artigo 18 desta orde.
2. As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez (10) días. Durante ese prazo poderán emendar erros e a falta de documentación, preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada e achegarán, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden os erros ou se achegue a documentación preceptiva, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. Nos centros educativos constituirase unha Comisión formada pola dirección do centro, a xefatura de estudos, a xefatura do departamento de orientación e o/a titor/a da persoacandidata durante o curso 2024/25 ou, na ausencia deste/a, un/unha profesor/a, preferentemente da persoa candidata, nomeado/a pola dirección do centro educativo. Esta comisión será a encargada de informar do perfil da persoa que solicita participar neste premio.
a) As dificultades persoais, educativas, da historia escolar ou da contorna sociofamiliar da persoa candidata que, a xuízo do equipo docente, dificultaron o seu desenvolvemento educativo.
b) As medidas de apoio adoptadas polo centro educativo en relación coas necesidades educativas da persoa aspirante e a súa repercusión no progreso escolar.
c) A persistencia da persoa aspirante no logro das competencias e dos obxectivos da etapa e a valoración do esforzo persoal para acadalos.
d) A descrición de calquera outra circunstancia que, a xuízo da Comisión do centro educativo, mereza ser tida en conta.
CAL É O PREMIO
Concédese un máximo de 20 premios de 1.000 euros ao alumnado con maior puntuación na Proba. Ademais, o alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá un diploma acreditativo.
Estes premios son compatibles con outros premios, bolsas ou axudas para a mesma finalidade calquera que sexa a súa natureza ou entidade que a conceda.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E ou ben en PremiosEdu.
B. PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
QUEN SE PODE PRESENTAR
Ter rematado e superado os estudos de bacharelato no curso 2024-2025 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
Ter acadado nas cualificacións do conxunto dos dous cursos de calquera das modalidades de bacharelato unha nota media igual ou superior a 8,75. Esta nota referirase á media normalizada, calculada sen ter en conta a cualificación das ensinanzas de relixión.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG: do 4 ao 10 de xuño.
O procedemento de solicitude terá dúas fases diferenciadas, con solicitudes diferentes para cada unha delas:
1. Na primeira fase, todo o alumnado que cumpra os requisitos e que desexe optar aos premios deberá solicitar primeiramente a matrícula na proba PEB, presentando o modelo de solicitude ANEXO I no seu centro educativo.
2. Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas na proba PEE, o alumnado que cumpra os requisitos establecidos no artigo 13 da convocatoria deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato no prazo de un mes a partir do día seguinte da publicación das listaxes das cualificacións definitivas da proba PEB. Dita solicitude presentarase preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>>.
COMO É A PROBA
A proba PEB estruturarase en dúas partes, cada unha delas para desenvolver en dúas horas:
1.1. Primeira parte, que constará dun exercicio, para desenvolver en dúas horas:
1.1.1. Análise e comentario crítico de texto ou textos, sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario.
Para a resolución do exercicio será necesario usar as dúas linguas cooficiais, agás aquel alumnado que teña recoñecida a exención de avaliación na materia de Lingua Galega e Literatura II, que poderá realizar todo o exercicio en lingua castelá.
O único exercicio desta parte da proba PEB cualificarase entre 0 e 20 puntos cun decimal.
1.2. Segunda parte, que constará de dous exercicios, para desenvolver en dúas horas:
1.2.1. Primeiro: resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario e no idioma correspondente.
1.2.2. Segundo: desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre as seguintes, segundo a modalidade de bacharelato cursada: Ciencias Xerais, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Artes Escénicas II.
Cada un dos dous exercicios desta parte da proba PEB cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal
A cualificación de cada parte da proba PEB obterase mediante a suma das cualificacións dos exercicios que a compoñen.
A cualificación total será a suma das cualificacións obtidas en cada parte da proba PEB.
DATA DA PROBA
18 DE XUÑO DE 2025
CAL É O PREMIO
Concédese un máximo de 20 premios de 1.000 euros ao alumnado con maior puntuación na Proba. Ademais, o alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2025-2026.
As persoas que obteñan premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de solicitude, ao correspondente Premio Nacional de Bacharelato.
Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia, introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu.
RESUMEN de Información
C. PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
QUEN SE PODE PRESENTAR
Alumnado que cursou estudos de formación profesional de grao superior, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado o ciclo no ano 2024, cunha media igual ou superior a 8,50 puntos. Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos tres anos anteriores ao ano da convocatoria.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será do 23 de setembro ao 22 de outubro do 2025.
COMO É A SELECCCIÓN
Os premios concédense en réxime de concorrencia competitiva. Na valoración final o xurado ten en conta os seguintes méritos:
a) A cualificación final do ciclo formativo polo que se opta ao premio extraordinario.
b) Méritos relacionados co título de técnico ou técnica superior de formación profesional que se relacionan no anexo V da presente convocatoria (tipo e subtipo).
2. A valoración final é a suma das valoracións dos números 1.a) e 1.b).
CAL É O PREMIO
Concédese un máximo de 23 premios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) de 1.000 euros ao alumnado con maior puntuación. Ademais, o alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá un diploma acreditativo e esa distinción farase constar nas certificacións académicas que se emitan.