INICIATIVA | DESTINATARIOS | RESPONSABLES | METODOLOXÍA | TEMPORALIZACIÓN |
---|---|---|---|---|
Exposicións de Plástica | ESO e Bacharelato | Departamento de Debuxo | O profesorado de Debuxo propón o método e o formato para montar as exposicións. As exposicións montanse nos taboleiros do corredor da planta alta. |
Adoita haber tres exposicións ao longo curso: 1º trimestre: 25 de novembro Contra a violencia de xénero. 2º trimestre: 8 de marzo 3º trimestre: Letras galegas. |
Teatro | ESO e Bacharelato | Profesor de teatro: José Arca | Adoita haber 2 grupos. Cada grupo ensaia no Auditorio un día a semana pola tarde. Participan no festival de teatro Intercentros do Concello de Santiago e nos Premios Buero de teatro para xente nova. |
Ensaian de outubro a maio. No Festival de teatro intercentros, representan no Teatro Principal no mes de abril. |
Concurso de coreografías | Todo o alumnado | Profesor de teatro: José Arca | Nos taboleiros das aulas difúndense as bases do concurso e os premios en metálico. O alumnado que desexa participar no concurso apúntase no mes de outubro. Desde outubro ata o día do Concurso, cada grupo ensaia no auditorio a súa coreografía nos recreos, de acordo cun calendario de ensaios que organiza José Arca. Un xurado formado por profesores e profesoras decide os grupos gañadores. |
O Concurso realízase no Auditorio do centro o último día de clase antes das vacacións de Nadal. |
Orquestra | ESO e Bacharelato | Director: Mario Diz | O alumnado que participa na orquestra, que adoita estudar no Conservatorio ou na Escola Municipal de Música, ensaia no Audiorio do instituto unha hora á semana. | Os ensaios comezan en outubro e rematan en maio. A orquestra participa nos actos máis relevantes do instituto. |
A educación artística está moi presente na vida do instituto e os estudantes teñen moitas oportunidades para expresar os seus sentimentos e desenvolver a súa imaxinación e creatividade a través de diferentes actividades relacionadas co teatro, o baile, a música ou as artes plásticas.
No mundo das artes plásticas, os corredores do centro acollen tódolos anos exposicións de traballos sobre diferentes efemérides que saen dos obradoiros da Aula de Debuxo. Ademais das tres celebracións de cada curso: 25 de novembro (Contra a Violencia de Xénero), 8 de marzo (Día da Muller) e 17 de Maio (Letras galegas), sempre hai algunha outra que enche de cor os corredores do instituto. Neste último ano Olladas, no anterior Confinarte, pero antes, no ano 2000, celebrouse o 50 cabodano de Castelao, no 2006, baixo o lema “Auga e Cultura”, conmemorouse o Ano Mundial da Auga promovido pola UNESCO, en 2010, o centenario do nacemento de Luís Seoane, en 2011, o centenario de Álvaro Cunqueiro, etc. As paredes dos corredores están sempre poboadas de soños pintados polos estudantes.
No mundo do música, temos desde hai anos unha orquestra do instituto, que dirixe o profesor Mario Diz. Nútrese de alumnado de tódolos niveis, na súa grande maioría estudantes do Conservatorio ou da Escola de Música Municipal. Ensaian un día á semana e participan nos actos máis relevantes do centro, como o Premio San Clemente ou o Premio Stephen Hawking.
Na actualidade temos 2 grupos de teatro, que dirixe o profesor José Arca desde finais dos anos 90. O teatro é unha actividade con moita raigame no centro e ten acadado moitos éxitos nos Premios Intercentros e nos Premios Buero para rapaces novos.
Para traballar o baile, temos un concurso de coreografías, que organiza o profesor de teatro en colaboración co Ciclo de Animación Sociocultural. Este concurso é unha actividade que se realiza no Auditorio o último día de clase do 1º trimestre coa presenza de todo o alumnado da ESO. Un xurado valora aos grupos participantes e concede premios ás mellores coreografías.