INICIATIVAS DESTINATARIOS RESPONSABLES METODOLOXÍA TEMPORALIZACIÓN
Bacharelato STEAM  Bacharelato Coordinador do STEAMBach O alumnado ten unha materia de Afondamento científico.
Charlas de investigadores.
Visita a centros singulares de investigación.
Elaborar e defender publicamente un traballo de investigación en 2º de bacharelato.
 Durante 2 cursos
Programa IN: Investigación, Innovación e Invención  ESO  Coordinador do Club de Ciencia Programa Club de Ciencia.
Elaboración de traballos de investigación.
Exposición e concurso público de traballos.
 Curso escolar
Semana da ciencia  ESO e Bacharelato Departamentos de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía Charlas con investigadores.
Actividades de fomento da ciencia protagonizados por alumnado de bacharelato.
 Mes de novembro
Recreos de ciencia   Departamento de Física e Química Só cunha mesa, colocada preto da porta do laboratorio de Física e Química, e uns cantos utensilios de laboratorio e algún que outro recurso coma ovos frescos, os magos da ciencia explican de forma experimental fenómenos curiosos.  Recreos dos meses de novembro e decembro
Día da nena e a muller na ciencia  ESO e Bacharelato Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía. Exposicións.
Charlas con ex alumnas investigadoras.
 11 de febreiro
Participación en certames e concursos: Galiciencia, Robótica, Jóvenes Investigadores   ESO e Bacharelato Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Historia e Filosofía. Envío dos traballos e desprazamento para participar nas convocatorias.  Datas concretas de cada concurso
Canguro matemático  ESO Departamento de Matemáticas  Desprazamento para realizar as probas.  Abril e maio
Premio Stephen Hawking  Alumnado de Bacharelato de toda Galicia e do Ramiro de Maeztu de Madrid Coordinadores do Premio do centro.
Cada edición está coordinada por unha persoa investigadora de renome.
 Bases do Premio  Mes de abril
EduSostibilidade ESO e Bacharelato Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Quimica e Tecnoloxía Estudios ambientais, proxectos de investigación e visitas a centros de investigación. Curso escolar

Un dos obxectivos do proxecto educativo do instituto é o de fomentar a cultura científica e tecnolóxica. Pretendemos que o noso alumnado cultive a curiosidade e desenvolva habilidades para a indagación e a investigación. Queremos sentar as bases dunha cultura científica entre o alumnado da ESO e o bacharelato, que lle permita acceder de xeito máis doado á investigación cando acceda á universidade. A ciencia e a tecnoloxía son piares fundamentais do desenvolvemento da sociedade actual e o alumnado debe familiarizarse con eles dende os primeiros anos do instituto. Como ben dixo o grande físico inglés Stephen Hawking na súa visita ao noso centro no ano 2008: O mundo depende cada vez máis da tecnoloxía e da ciencia. Polo tanto, é moi importante que a xente comprenda a ciencia e a mellor maneira de conseguilo é facer que se interesen por ela cando son novos.

No instituto apostamos pola presencia da investigación desde os primeiros cursos da ESO: a investigación como fonte de coñecemento. Tanto de coñecemento das estratexias globais que se poñen en práctica na resolución de problemas (a planificación da actividade orientada a un obxectivo escolar, o control e regulación desa actividade, e a súa avaliación ao finalizar a mesma) coma os coñecementos procedementais que se empregan no desenvolvemento de actividades investigadoras: a) as destrezas técnicas, relacionadas coa realización de montaxes, maquetas ou construción de aparatos; b) as destrezas básicas, como a clasificación, a seriación ou a observación; c) as destrezas de investigación, como a formulación de preguntas e hipóteses de traballo, a utilización de procedementos de contrastación ou a elaboración de conclusións; e d) as destrezas de comunicación, como a representación simbólica, a identificación de ideas en material escrito ou a elaboración de informes ou materiais.

ACTIVIDADES NO ÁMBITO DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

Son moitas as actividades científicas que se desenvolven no centro, pero hai dúas que sobresaen porque representan o faro da investigación científica: O Premio Stephen Hawking, para alumnado de bacharelato de centros galegos, e o Premio IN: innovación, investigación e invención, para o noso alumnado da ESO. Debemos destacar que no ano 2009 celebrouse no instituto o Certame internacional Ciencia en Acción: durante tres días máis de tres mil participantes, estudantes de primaria e secundaria, universitarios, profesores/as e divulgadores/as científicos/as de todo España, Latinoamérica e Portugal, puideron asistir á presentación de proxectos, conferencias, vídeos, obras de teatro e experiencias que serviron para achegar a todo o público a ciencia e a tecnoloxía.

Son moitos os premios acadados polo noso alumnado no ámbito científico. Nas Olimpíadas participamos tódolos anos e en todos temos alumnado que colleita premios tanto a nivel galego coma nacional. Na Olimpíada de Xeoloxía, o noso alumnado participou en 3 ocasións na fase internacional: 2011, Ana Fandiño en Módena (Italia), 2016, Ángel García en Tokio, en 2021 tocaba ir a China, pero pola pandemia suspendeuse a viaxe, e Álvaro Pallas participou a distancia desde Girona. Marta Pita Vidal conseguiu no ano 2012 a Medalla de prata na Olimpíada Iberoamericana de Química que se celebrou na cidade arxentina de Santa Fe. Pedro Vieites obtivo en 2018 a Medalla de bronce na Olimpíada Iberoamericana de Bioloxía que se desenvolveu en Loja (Ecuador). Irene Armesto Méndez obtivo no ano 2023 a Medalla de bronce na Olimpíada Internacional de Física que se celebrou en Tokio.

Desde o ano 2007 vimos participando ininterrompidamente no Certame de Xoves Investigadores, organizado polo Ministerio de Educación e o Instituto da Xuventude. Foron moitos os alumnos e alumnas que gañaron premios neste certame e houbo 2 que foron elixidos para representar a España no Certame Europeo de Xoves Investigadores: en 2009, Alejandro Rivero de Aguilar estivo no certame que se celebrou en París, onde recibiu o Premio Especial do Centro Nacional de Investigacións Científicas Francés, e en 2011, Pablo Almuiña estivo no certame que se celebrou en Helsinki. O xurado do Certame de Xoves Investigadores tamén concedeu Premios espaciais polo seu destacado labor de fomento da cultura científica no ámbito da xuventude a dúas profesoras do instituto: María Rosario García-Echave López, na edición de 2008, e María del Carmen Touza Prieto, en 2009. O xurado concedeu o Premio espacial ao centro en 2010.

No ámbito da tecnoloxía tamén acadamos numerosos premios. A fonte deses premios está no labor que dende hai anos desenvolve o profesorado de Tecnoloxía, fomentando a innovación e a creatividade e aportando axuda e ilusión. No curso 2005/6, o alumno Alejandro Rivero de Aguilar acadou o primeiro premio de Galicia Innovación Junior; Pablo Dobarro, no 2008/9; Pablo Fernández gañou, no ano 2011, o Premio Nacional Exporecerca organizado pola Universidade Pompeu Fabra; Carlos Almuiña, Pablo Dobarro, Pedro García e José Manuel Vigo obtiveron o Premio absoluto de Galiciencia en 2012 co seu coche eléctrico experimental. No curso 2015-16, o alumnado de Tecnoloxía de 4º da ESO, coordinado polo profesor Jorge Gómez, gañou o 2º Premio de Ética e Ciencia da Fundación Víctor Grífols i Lucas, cun estudo sobre as Implicacións éticas da intelixencia artificial. No ano 2022, María Lama e Pilar Jorge gañaron o 2º Premio en Galiciencia coa súa Boneca de Reanimación Cardiopulmonar e no 2023 volveron conseguir o 2º Premio na Feira da Ciencia do País Vasco (Elhuyar Zientzia Azoka).