ACTIVIDADES INGLÉS

INICIATIVAS DESTINATARIOS RESPONSABLES METODOLOXÍA TEMPORIZACIÓN
Programa de Inmersión lingüística de 2o días nun país de lingua inglesa.
ESO

Vicedirección e Departamento de inglés

Inmersión lingüística en familias e asistencia á clase en centros irlandeses.
2 estudantes como máximo do noso centro.

Mes de setembro.
O alumnado marcha nos primeiros días de setembro e volve antes do 20.

Intercambio de 1 mes no Hockerill Anglo-European College, Inglaterra

3º ESO Vicedirección e Departamento de inglés

Inmersión lingüística en familias e aisitencia á clase no colexio de Hockerill.

Alumnado do Rosalía vai a principios de setembro; o alumnado de Hockerill vén en maio.

Intercambio curto co Hockerill Anglo-European College, Inglaterra

3º ESO Vicedirección e Departamento de inglés

Inmersión lingüística en familias e aisitencia á clase no colexio de Hockerill.

Estancia de 7/8 días. O noso alumnado vai arredor de Semana Santa e o alumnado inglés vén en maio.

Intercambio con Dinamarca

1º de Bacharelato Vicedirección e Departamento de inglés

Inmersión lingüística en familias e aisitencia á clase no centro danés.

Estancia de 7/8 días.
Os daneses viñeron en novembro e o noso alumnado vai no mes de marzo.

Estancias de curso enteiro en países de fala inglesa

ESO e Bacharelato Vicedirección

Inmersión lingüística en familias e asiste a un centro todo un curso. De volta, convalida os estudos.

Todo o curso
Intercambio co centro Eduard Munch de Oslo 1º de Bacharelato Vicedirección e Departamento de inglés Inmersión lingüística en familias e asistencia a clases no centro de arte e deseño Eduard Munch. Estancia de 3 semanas. O noso alumnado vai  o mes de setembro e os noruegueses veñen a finais de xaneiro.
Preparación dos diplomas regrados en inglés ESO e Bacharelato Vicedirección e Departamento de inglés

Inmersión lingüística en familias e asiste a un centro todo un curso. De volta, convalida os estudos.

Todo o curso.

 

ACTIVIDADES FRANCÉS

INICIATIVAS DESTINATARIOS RESPONSABLES METODOLOXÍA TEMPORIZACIÓN
Estancia curta en Vannes (Francia) ESO Departamento de Francés Inmersión lingüística de 10 días en familias e asistencia ao Colexio Saint François Xavier de Vannes. O noso alumnado vai arredor de Semana Santa e os franceses veñen en Outubro.
Estancia longa en Vannes (Francia) ESO Departamento de Francés Inmersión lingüística dun mes en familias e asistencia ao Colexio Saint François Xavier de Vannes. O alumnado francés vén a final de curso e o noso vai a finais de agosto.
Viaxe a París
Bacharelato Departamento de Francés O alumnado organiza actividades para recadar fondos: venda de repostería nos recreos, lotería, libros vellos… A viaxe soe realizarse arredor de Semana Santa.
Preparación dos Diplomas regrados: DELF Bacharelato Departamento de Francés Preparación polo profesorado do Departamento de Francés. Todo o curso.

 

ACTIVIDADES ALEMÁN

INICIATIVAS DESTINATARIOS RESPONSABLES METODOLOXÍA TEMPORIZACIÓN
Estancia curta en Gelnhausen (Frankfurt, Alemaña) ESO Departamento de Alemán Inmersión lingüística dunha semana en familias e asistencia á clase no centro alemán. O noso alumnado vai arredor de Semana Santa e os alemáns veñen en outubro.
Viaxe a Alemaña ou a Austria ESO Departamento de Alemán Viaxe a unha cidade de fala alemana para descubrir outra cultura e practicar o idioma. A viaxe realízase antes de Semana Santa.
Estancia longa en Gelnhausen (Frankfurt, Alemaña) ESO Departamento de Alemán Inmersión lingüística dun mes en familias e asistencia á clase no centro alemán. O noso alumnado vai en setembro e os alemáns veñen en outubro.
Preparación para os Diplomas regrados do Instituto Goethe Bacharelato Departamento de Alemán Profesorado do Departamento de Alemán. Todo o curso.

O interés pola aprendizaxe das linguas estranxeiras é un tema que xa está presente nos inicios do instituto nos anos 40 do século pasado. A directora e fundadora do centro, dona Pura Lorenzana, alentada por esa preocupación de que as alumnas (ata o ano 1985 foi instituto feminino) e o profesorado dominase os idiomas estranxeiros, tiña acordado un proxecto co Ministerio de Educación Nacional para a creación en Inglaterra ou Francia dun edificio que servise de Residencia de Verán para que escolares, postescolares e profesorado puidese seguir cursos de perfeccionamento do idioma deses países. A pesar de que este proxecto non se levase a cabo, ao tomar posesión dona Pura Lorenzana do cargo de Inspectora Extraordinaria de Ensinanza Media e abandonar o centro no ano 1956, ese interés seguiu sendo dende entón unha prioridade no proxecto educativo de centro. Prioridade que se materializa nun obxectivo claro: o instituto debe garantir o dominio das linguas oficiais de Galicia, galego e castelán, e potenciar o coñecemento e o dominio de linguas estranxeiras, tan necesario na sociedade multicultural e globalizada en que vivimos. Este obxectivo toma como referencia o proposto polo Consello da Unión Europea sobre o papel que o sistema educativo debe desempeñar para conseguir facer moito máis xeral falar dous idiomas ademais da lingua materna.

No noso centro, ademais de garantir o dominio das dúas linguas cooficiais, apostamos por facer efectivo o obxectivo do Consello da Unión Europea de rematar o ensino secundario cun bo dominio de tres idiomas estranxeiros: o inglés, como primeira lingua estranxeira común a todo o alumnado, o francés ou o alemán, que se poden escoller como segunda lingua estranxeira, e o portugués, cuxa aprendizaxe resulta doada por ter unha orixe común co idioma propio de Galicia, o galego, e sumamente atractiva dende o punto de vista cultural e económico que non só permite unha comunicación máis aberta co noso país veciño, Portugal, senón que ademais abre portas de futuro a países de fala portuguesa cun grande porvir: Brasil, Angola e Mozambique.

Consideramos que o noso alumnado é sumamente afortunado por ter dúas linguas oficiais, galego e castelán, que lle permiten abrir horizontes comunicativos en países de fala hispana e de fala portuguesa. Coa suma doutros dous idiomas, o inglés, xunto co francés ou alemán, o horizonte amplíase moitísimo máis. Este perfil de dominio lingüístico é o que se vén potenciando dende hai moitos anos no centro e para iso desenvólvense multitude de actividades, dende clases con lectores nativos, intercambios con diferentes países (Inglaterra, EEUU, Australia, Portugal, Francia, Alemaña e Noruega), programas de inmersión lingüística en Irlanda, preparación dos diplomas regrados (B1, B2, C1) dentro do horario lectivo, etc.

O noso instituto adquire o estatuto de centro pluirilingüe no ano 2011: dende entón pasa a identificarse como IES Plurilingüe Rosalía de Castro. Esa condición supuxo que en tódolos niveis da ESO se dean algunhas materias integramente en inglés:

1º ESO: Xeografía e Historia.

2º ESO: Xeografía e Historia e Física e Química.

3º ESO: Bioloxía.

4º ESO: Xeografía e Historia e Matemáticas.

No Ciclo Superior de Axencias houbo unha Sección bilingüe en inglés dende o ano 2014 ata o 2018, cando adquiriu a condición de Plurilingüe (PluriFP).