O Rally Matemático sen fronteiras é unha actividade que forma parte da programación do Departamento de Matemáticas.

O Rally é un concurso internacional de resolución de problemas. Cada ano, o IREM (Instituto de Investigación para a Ensinanza das Matemáticas da Universidade Paul Sabatier de TOULOUSE) convoca este concurso no que participan centros de ensinanzas medias de diferentes países (Aquitaine, Midi-Pyrénées, Galicia, Cataluña, Aragón, Andorra, Illa de La Reunión e Madagascar en edicións anteriores).

O concurso consiste na realización simultánea dunha proba, resolución de dez problemas, por cada grupo participante. O primeiro premio, consiste nunha viaxe a TOULOUSE (Francia) para asistir á FESTA DAS CIENCIAS. Bases

O Rally Matemático sen fronteiras está organizado en Galicia por Igaciencia: http://www.igaciencia.eu/

ANUARIO

2016-2017     2018-2019