A Olimpíada de Xeoloxía é unha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. As exprofesoras María Ascariz e Milvia Varela son as encargadas de preparar o alumnado que decide presentarse ás Probas.
A Olimpíada de Xeoloxía está organizada pola filial galega da Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de La Tierra: https://aepectgalicia.wordpress.com/
2025. Santiago Otero Lago quedou 1º e Mónica LIñares González quedou 2ª na Fase Territorial celebrada en Santiago o 12 de febreiro. Ademáis gañaron o OURO na proba por equipos.
A Fase Nacional celebrouse en Tremp (Lleida) os días 4, 5 e 6 de abril, Santiago Otero Lago quedou segundo, o que lle permitíu participar na Olimpíada Internacional celebrada en Ji’Ning (China) do 7 ao 17 de agosto. Nesta ocasión acadou unha medalla de PRATA ao quedar 15º na competición individual e obtivo unha medalla de BRONCE pola competición por equipos.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2025/08/21
https://www.elcorreogallego.es/santiago/2025/08/20