O Departamento de Orientación é o órgano que se encarga da orientación educativa, psicopedagóxica e profesional.
Entre as súas funcións destaca o asesoramento a todos os membros da comunidade educativa e a colaboración coa Xefatura de Estudos na elaboración e desenvolvemento dos plans de acción titorial, acollida de alumnado, orientación académica e profesional e atención á diversidade, así como no desenvolvemento das medidas adoptadas para a mellora da convivencia escolar, a prevención de conflitos, a prevención do absentismo ou o risco de abandono escolar temperán.
Así mesmo, o Departamento de Orientación procura a máxima colaboración e asesoramento cos órganos de coordinación didáctica do centro e co profesorado na prevención e detección de problemas de aprendizaxe e na programación e planificación das adaptacións necesarias a nivel de centro, aula e alumnado que o necesite.
O Departamento está constituído polos seguintes membros:
Susana Marina Blanco Baluja (Orientadora)
Ana Gloria Mato Balbís (Orientadora)
María Carmen López Guerra (Profesora Terapeuta)
Correo: orientacion@iesrosaliadecastro.org